A MÚSICA FANTASMAL

2º Premio do «Concurso de Contos de Medo 2014»
 

Era o dous de novembro do 2016, o día dos mortos, un día para honrar os defuntos de cada familia. O planeta Terra non estaba tan avanzado coma os homes pensaran facía uns anos atrás, todo o contrario. Unha rapaza de 16 anos chamada Paula que era de Noia e que ía ao cemiterio a visitar os seus defuntos avós, fixo o que tiña pensado e saíu de alí. Cando chegou a casa recibiu unha chamada dunha amiga súa para saír de noite a dar un paseo, ela non lle puido dicir que non a esa invitación. Eran as doce da noite, elas estaban paseando pola alameda, estaba todo escuro, case non había farois prendidos a causa dos rapaces que lles tiraban pedras ata rompelas, o que máis cegaba esa noite era o palco. O palco era unha especie de escenario onde antes os músicos tocaban nas festas, agora xa case ninguén subía alí arriba a causa das historias de medo protagonizadas nel. Elas non crían nesas cousas así que subiron e sentaron a falar, cinco minutos despois de que sentaran Paula comezou a escoitar instrumentos na parte de abaixo do palco, mais iso non era posible, facía anos que ese lugar estaba pechado. A súa amiga deulle un golpe no brazo e preguntoulle:

– Ti tamén os escoitas?

Ela asentiu, estaba buscando cousas lóxicas, unha pantasma non podía coller un instrumento e poñerse a tocar, ou iso cría. Pouco a pouco elas comezaban a tranquilizarse, só era música, ata que der repente comezaron a escoitarse pasos, todos coordinados coma se moitas persoas estivesen bailando ao son da música. Iso si que non tiña explicación lóxica algunha, así que Paula e a súa amiga baixaron correndo do palco. Pero os ruídos de pasos e a música seguíanse escoitando. Despois dun anaco elas seguían mirando cara ao palco, unha especie de luz brillante ía acercandose á varanda. Era un home! Ou xa o fora, era un cantante que antes vivira na vila de Noia, levaba morto non se sabe xa cantos anos. Era alto e fraco, non se sabe a cor da súa pel nin do seu traxe porque estaba en branco e negro. Elas estaban mortas de medo, o home comezou a cantar, os pasos cada vez eran máis fortes, unhas persoas coma o cantante ían aparecendo pouco a pouco, bailando. Levaban as dúas amigas por diante, coma se elas fosen as pantasmas. Pouco a pouco esa música fantasmal ía apoderándose delas, comezaban a volverse en branco e negro e non podían deixar de bailar, sen case decatarse xa eran deles. O cantante deixou de cantar e a xente de bailar, deu un salto do palco ao chan e foi cara onde estaban elas. Mirounas de arriba a abaixo coma se fose un escáner e díxolles:

– Benvidas a nosa festa do día dos mortos! Ben xa non é o día dos mortos porque é a unha da mañá pero para nós a festa continúa. E vós non vos podedes ir dela ata que nos cansemos de bailar.

De repente desapareceu e apareceu no palco para seguir cantando, a música soaba sen parar e elas no podían parar de bailar. Houbo un momento no que o cantante ía parar pero a xente non quería así que seguiu ata que o sol saíu. Eles ían desaparecendo co sol, e as dúas aterrorizadas amigas tamén desapareceron cando un raio as iluminou. Xa eran dese grupo de non podían facer nada por saír del. Cando os veciños se decataron da súa desaparición, comezaron a sacar moitas conclusións pero só un rapaz que estivera agochado mentres elas bailaban sabía a verdadeira razón da súa desaparición. El creceu co seu segredo e despois de moitos anos plasmouno no papel, gardouno baixo chave e enterrouno, tedes sorte de telo atopado.

 

Adriana Quesada Ogando – 2º ESO B

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s