Arquivo por meses:

A poboación monolingüe en galego, menos do 50% por primeira vez na historia

queremos_galego_bitstrips

O número de persoas que se declaran monolingües en galego sitúase, por vez primeira na historia, por baixo do 50% da poboación. Esta é a cifra que deita a enquisa elaborada polo Instituto galego de estatística (IGE) a partir dun estudo sobre as condicións de vida das familias galegas.

No concreto, o IGE cifra no 43,8% a porcentaxe de galegofalantes, maiores de 5 anos, no 2011. Unha cifra que contrasta co 56,84% que se declaraba monolingüe en galego dez anos antes. Segundo o estudo publicado, Galiza perdeu na última década 311.294 falantes na lingua de seu.

Fonte: Sermos Galiza

Está nas nosas mans que esta situación cambie. Lembramos as palabras de Celso Emilio:

eu fáloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dáme a gaña
porque me sae de dentro..
.

Imaxe: tecnoloxia.org CC-BY-SA

Concurso de relatos “Ciencia que Conta”

ciencia-que-conta-14

RESUMO DAS BASES

2. Presentación dos traballos

Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo:
http://www.cienciaqueconta.com/participa

Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.

3. Prazos.

O prazo de recepción dos traballos remata o 15 de novembro de 2014.

5. Tema dos traballos

Relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación de algún fenómeno ou experimento simple. Máis información en:
http://www.cienciaqueconta.com/wp-content/uploads/2014/09/BASES_DE_PARTICIPACION-CQC2014.pdf

7. Premios

Primeiro premio:
Diploma acreditativo. Tablet.

Segundo premio:
Diploma acreditativo. Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á súa idade.

Terceiro premio:
Diploma acreditativo. Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á súa idade.

Concurso de contos de medo para o Samaín – 1º Ciclo ESO

Invéntante unha historia terrorífica e participa neste concurso!!!

Só ten que estar ben escrita e dar moito medo…

Contos-de-Medo_2014

Tedes que entregar os contos no Departamento de Subalternos antes do 30 de Outubro da seguinte maneira:

Nun sobre grande escribides só un seudónimo por fóra. Logo metedes o conto dentro e outro sobre pequeno co mesmo seudónimo por fóra e co nome real e curso dentro.

Un xurado determinará cales son os tres mellores contos.

HABERÁ PREMIOS!!!!