Arquivo da categoría: Sen clasificar

Presentación da revista Entrepontes

O venres 19 xe xuño presentouse o último número da revista do noso centro. Tivemos como convidados ao afamado pintor José Luís Veiras Manteiga e ao actor Rubén Prieto que compartiron connosco interesantes reflexións e parte do seu tempo. O punto de vista desde “dentro” veu da man de dúas alumnas, Nerea e Alicia, e dunha profesora, Loli, que falaron do que supuxo para elas colaborar nesta publicación.

Os profesores José Manuel e Xulio falaron tamén da revista, o primeiro poñendo a nota literaria, o segundo dándonos a perspectiva histórica de alguén que veu nacer e medrar o proxecto que se materializa en «ENTREPONTES».

É o momento de agradecerlle a Chefa a súa teimosía.

presentación_revista_2014

Twister pola educación

Twister-pola-educacion_01

Twister-pola-educacion_02

O pasado luns,18 de maio, tivo lugar no noso centro unha actividade chamada “Twister pola educación” organizada pola Rede Solidaria dentro da Campaña Mundial pola Educación na que participamos algúns alumn@s do noso centro.

O ben coñecido xogo do Twister introducía algunhas variantes: se tocaba un cinco ou un seis tiñas que facer unha pregunta: “Eu voto pola educación, e vós?”, e os demais xogadores tiñan que dicir, “Tamén” para que esa persoa puidese seguir xogando, senón o monitor introducía unha maior dificultade para continuar. No taboleiro había unhas casiñas de diferentes cores nas que aparecían representacións simbólicas de diferentes situacións e colectivos vulnerables ou en perigo de exclusión no referente ao Dereito á Educación. Cando caïamos nesas casiñas o noso compañeiro tiña un minuto para identificar ao colectivo e facer unha reflexión sobre a súa situación e escribila nun mural.

Nas paredes tamén estaban colgados os carteis que fixemos na aula de plástica co lema “A escola que eu quero” e nos que se mostraba o que sería a escola ideal para o alumnado de cada grupo. Todos posamos cos nosos carteis nunha especie de photocall improvisado.

Xa cando a actividade ía rematar o monitor leunos unhas cartolinas que contiñan información que nós descoñeciamos sobre a situación da educación no mundo e a situación dos diferentes colectivos en perigo de exclusión.

E só queda unha cousa máis por dicir… “EU VOTO POLA EDUCACIÓN, E VÓS?”

Verónica Cruz Ronquete, 3º ESO.

Algo máis que libros

O xoves 14 de maio e co alumnado de 1º do Ciclo de Laboratorio, a libreira Lola Puerta, da Librería Aenea de Santiago, fixo un taller literario no noso centro. Trouxo unha morea de libros e os alumnos e alumnas debían de elixir un ou varios e xustificar o porqué escolleran eses.

lola-puerta

Había un amplo abano de temáticas: natureza, saúde, narrativa, ficción…e foi moi entretido e sorprendente, xa que o alumnado veu como inflúe o seu momento anímico e as súas inquedanzas na escolla do libro.

Mesa redonda sobre o emprego

mesa-redonda-emprego_460

O alumnado de 4º tivemos a oportunidade de estar nunha mesa redonda, xunto a un grupo de ciclos, na que Luís Angueira, alcalde, Antonio Pais, sindicalista e Francisco Pérez, empresario, explicaron varios temas relacionados coa crise, os diferentes puntos de vista, os diferentes apoios para os traballador@s, como enfrontala, consellos para cando nos toque a nós vivila máis a fondo…

Tamén puidemos presentar as nosas ideas, dúbidas e opinións nun debate final.

Sonia

Charla mulleres emprendedoras

O Departamento de Orientación en colaboración co Departamento de Formación e Orientación Laboral organizaron unha charla sobre o emprendemento feminino enmarcada dentro do Plan de Igualdade que se está a desenvolver no centro, Rapazas Emprendedoras nas TIC.

A charla foi impartida por Eva López Barrio, directora do programa Woman Emprende da USC e dirixida ao alumnado dos ciclos de formación profesional que se imparten no centro.

charla-emprendedoras_600

Homenaxe a Pilar Rey no Día de Rosalía

Homenaxe a Pilar Rey
In memoriam

No salón de actos do IES Campo San Alberto desenvolveuse o pasado martes 24, día de Rosalía, unha sentida homenaxe á nosa querida profesora e compañeira Pilar Rey.

Nun acto sinxelo, cálido e emotivo lembramos a nosa compañeira a través dos versos de Rosalía e outras autoras galegas, da música interpretada polo alumnado e das verbas de cariño de estudantes e profesorado. Música e palabras teceron a nosa despedida. Ficas na nosa memoria.

C’a pena ô lombo

Cine: A Esmorga

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película «A Emorga», dirixida por Ignacio Villar e baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco Amor.

Con Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris” e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos tres protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.
 

A_Esmorga_460