Homenaxe a Pilar Rey no Día de Rosalía

Homenaxe a Pilar Rey
In memoriam

No salón de actos do IES Campo San Alberto desenvolveuse o pasado martes 24, día de Rosalía, unha sentida homenaxe á nosa querida profesora e compañeira Pilar Rey.

Nun acto sinxelo, cálido e emotivo lembramos a nosa compañeira a través dos versos de Rosalía e outras autoras galegas, da música interpretada polo alumnado e das verbas de cariño de estudantes e profesorado. Música e palabras teceron a nosa despedida. Ficas na nosa memoria.

C’a pena ô lombo

Cine: A Esmorga

O alumnado de 2º de Bacharelato saíu o día 17 de decembro a Santiago cos profesores Mercedes Rivas e Matías Barreiro para visionar a película «A Emorga», dirixida por Ignacio Villar e baseada na novela do mesmo título de Eduardo Blanco Amor.

Con Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris” e Karra Elejalde nos papeis de o Cibrán, o Milhomes e o Bocas, o filme narra a liña principal do argumento da novela co destrutivo periplo dos tres protagonistas polas rúas de Auria, aínda que deixa pouco ou nada apuntados outros aspectos moi importantes da obra, tal e como observaron os alumnos e alumnas que a teñen no seu programa de Literatura.
 

A_Esmorga_460

V Día da Ciencia en Galego

IES CAMPO SAN ALBERTO tamén estivo:

IES CAMPO SAN ALBERTO  tamén estivo

“Máis de 4.200 alumnos de 75 centros escolares, achegáronse en galego á programación de ordenadores a través dunha videoconferencia organizada pola CGENDL.”

Con motivo do V Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convocou aos centros de ensino non universitario a participar nunha videoconferencia que contou coa colaboración da Área Multimedia da Universidade de Vigo.

Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, ofreceu una charla para o alumnado do 2º ciclo da ESO e o Bacharelato baixo o título “A ciencia de programación de ordenadores (tamén en galego)

“A Coordinadora Galega de ENDL organizou un ano máis este evento que se enmarca nos actos do Día da Ciencia en Galego, instaurado hai cinco anos para reivindicar o uso da lingua galega no ensino non universitario tras a súa eliminación das áreas científico-técnicas pola Consellería de Educación.”

Nota de prensa da CGENDL

Día da ciencia en galego: Ángela Ruíz Robles

dia-da-ciencia-en-galego-14_600

A primeira semana de novembro e para celebrar o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, as profesoras de Física, Ángeles e Loli, decidiron lembrar a figura de Ángela Ruíz Robles. Mestra, inventora, innovadora nos ámbitos da pedagoxía e didáctica, foi unha muller adiantada ao seu tempo realizando un prototipo da Enciclopedia Mecánica que foi o precursor do actual libro dixital. Foi unha científica que non debemos olvidar.

Acto do Día das Bibliotecas Escolares

O día 30 de outubro celebramos no Campo San Alberto, como os anos anteriores, o Día das Bibliotecas. O alumnado de 1º e 2º da ESO e da Aula Específica leu unha breve información e dous capítulos da obra de Stevenson “A illa do tesouro”. Leron en inglés, castelán e galego e hai que dicir que o fixeron moi, moi ben. Parabéns para eles e elas e tamén para as profesoras que colaboraron.

OS LIBROS ... eses tesouros

OS LIBROS … eses tesouros

A poboación monolingüe en galego, menos do 50% por primeira vez na historia

queremos_galego_bitstrips

O número de persoas que se declaran monolingües en galego sitúase, por vez primeira na historia, por baixo do 50% da poboación. Esta é a cifra que deita a enquisa elaborada polo Instituto galego de estatística (IGE) a partir dun estudo sobre as condicións de vida das familias galegas.

No concreto, o IGE cifra no 43,8% a porcentaxe de galegofalantes, maiores de 5 anos, no 2011. Unha cifra que contrasta co 56,84% que se declaraba monolingüe en galego dez anos antes. Segundo o estudo publicado, Galiza perdeu na última década 311.294 falantes na lingua de seu.

Fonte: Sermos Galiza

Está nas nosas mans que esta situación cambie. Lembramos as palabras de Celso Emilio:

eu fáloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dáme a gaña
porque me sae de dentro..
.

Imaxe: tecnoloxia.org CC-BY-SA

Concurso de relatos “Ciencia que Conta”

ciencia-que-conta-14

RESUMO DAS BASES

2. Presentación dos traballos

Os traballos presentados deben ser orixinais, inéditos e escritos en língua galega. A extensión máxima será de 1000 palabras (aproximadamente tres follas DIN A4). Os traballos enviaranse exclusivamente ao seguinte enderezo:
http://www.cienciaqueconta.com/participa

Indicaranse os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, teléfono e estudos que cursa) e do seu centro de ensino (nome, enderezo e teléfono), de ser o caso. Nun arquivo adxunto irá o relato, encabezado polo título e o pseudónimo, sen datos persoais. Desde a organización enviarase de volta un correo electrónico confirmando a recepción do relato.

3. Prazos.

O prazo de recepción dos traballos remata o 15 de novembro de 2014.

5. Tema dos traballos

Relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación de algún fenómeno ou experimento simple. Máis información en:
http://www.cienciaqueconta.com/wp-content/uploads/2014/09/BASES_DE_PARTICIPACION-CQC2014.pdf

7. Premios

Primeiro premio:
Diploma acreditativo. Tablet.

Segundo premio:
Diploma acreditativo. Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á súa idade.

Terceiro premio:
Diploma acreditativo. Lote de libros, xogos ou material relacionado coa ciencia adaptados á súa idade.